QUE É?

É o máximo órgano de goberno dos centros educativos. Ten carácter colexiado e canaliza a participación de tódolos grupos e estamentos que compoñen a comunidade escolar dun centro (familias, alumnado, profesorado, persoal administrativo e de servizos). A súa constitución é obrigatoria en calquera centro que estea xestionado con fondos públicos, xa sexa un centro público ou concertado. Os membros do CE renóvanse cada dous anos por metades, excepto os pertencentes ao equipo directivo que están como mínimo catro cursos.

As decisións do CE se toman por maioría simple e no caso de empate o voto do presidente é quen decide. Tódalas decisións tómanse baixo este procedemento, agás a reelección do director na que se debe obter a maioría absoluta.

A ANPA designa directamente un representante no Consello Escolar con voz e voto, que actualmente é Luísa Santos Fidalgo.

Por desgraza, a aprobación da LOMCE eliminou gran parte do poder de decisión deste órgano, co que a participación da comunidade educativa (incluídas as familias) e a capacidade de influír no funcionamento dos centros e na educación dos nosos fillos dunha maneira democrática viuse bastante minguada.

As competencias do Consello Escolar que resistiron o recorte son as seguintes:

  • Avaliar os proxectos educativos e de xestión, así como as normas de organización e funcionamiento del centro. Tamén a Programación Xeral Anual do centro (PXA), sen prexuízo das competencias do claustro de profesores en relación coa planificación e organización docentes.
  • Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.
  • Participar na selección do director do centro; ser informado do nomeamento e cesamento dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propor a revogación do nomeamento do director.
  • Informar sobre a admisión do alumnado.
  • Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se atinxan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propor, no seu caso, as medidas oportunas.
  • Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en tódolos ámbitos.
  • Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e informar a obtención de recursos complementarios.
  • Avaliar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.
  • Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamiento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueles outros aspectos relacionados coa súa calidade.

Contacto

APA RASA C.E.I.P. Ramón de la Sagra No Comedor todos os martes, de
16:30 a 17:45h.
De luns a venres (17:00 - 19:00 h), no teléfono
615 512 306
anparamondelasagra@gmail.com