COMEDOR

30.09.2019 20:30


 

 

10.06.2019 13:00

Aquí podes descargar o impreso de inscrición ou renovación do comedor para o vindeiro curso 2019/2020.

    

 

22.04.2019 22:30

Convocatoria e bases

SOLICITUDES (formularios)
Centros Cívicos Municipais
Equipos de Atención Social (Monte Alto, Mallos, Elviña, Labañou ou San Diego)
Páxina web (www.coruna.es/serviciossociales)
Sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es)
Rexistros municipais (ÁGORA, FORUM, Mª PITA, MESOIRO, A FRANXA, URBANISMO)


PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
Rexistros municipais (ÁGORA, FORUM, Mª PITA, MESOIRO, A FRANXA, URBANISMO)
Sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es) (con certificado dixital)

INFORMACIÓN
Centros Cívicos Municipais (010)
Páxina web (www.coruna.es/serviciossociales)
Sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 22 de abril ó 6 de maio, ambos os días incluidos (BOP Nº 74, do 17 de abril de 2019).

15.01.2019 15:36

Estimadas familias:

A Xunta xa ingresou na conta da Anpa o importe da subvención de comedor correspondente ao curso 2017-2018. A lista dos beneficiarios e os importes individuais están publicados no taboleiro da ANPA. Lembrade que soamente teñen dereito a subvención os alumnos que asistiron a comedor o curso pasado.

Como en anos anteriores, é posible doar toda ou parte da subvención á ANPA. No caso de doazón parcial, é imprescindible cubrir o apartado do nº de conta para realizar a transferencia bancaria polo importe correspondente. 

Deixade o impreso cuberto no noso buzón, na entrada de Primaria (o verde con tapa laranxa) ou ben entregádeo os martes en horario presencial na ANPA antes do día 28 de febreiro de 2019. Si nesa data non recibimos o impreso, entendemos que doades o importe á ANPA. As transferencias correspondentes realizaranse a partir do 5 de marzo de 2019.

A transferencia será gratuita para as contas de Abanca. Para os que teñades outro banco, descontaranvos a comisión correspondente.

 

11.10.2018 09:07

O goberno local deu hoxe un novo paso no seu compromiso coa educación pública de calidade e coa mellora dos centros educativos públicos da cidade, logo de que o Pleno municipal ratificase a aprobación definitiva do estudo detalle para a ordenación de volumes no CEIP Ramón de la Sagra, trámite necesario para levar a cabo o proxecto municipal de ampliación do comedor que emprega o alumnado deste centro educativo.

Ler mais

28.06.2018 09:11

Normas do comedor (documento actualizado a xuño de 2018)

21.05.2018 22:36

Tedes que cubrir o seguinte impreso e entregalo no propio comedor ou no buzón da ANPA: Autorización saida comedor.pdf (95737)

20.03.2018 16:09

O 15 de marzo de 2018, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2018-2019.

O prazo para solicitalas será do 16 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Elementos: 1 - 10 de 14

Contacto

APA RASA C.E.I.P. Ramón de la Sagra No Comedor todos os martes, de
16:30 a 17:45h.
De luns a venres (17:00 - 19:00 h), no teléfono
615 512 306
anparamondelasagra@gmail.com